Esposa

A banda compostelã Esposa trazem um pop rápido e alegre baixo o que se agocham cançons que falam de conflito e dúvidas geracionais.
O seu primeiro longa duraçom “Xardín Interior” foi publicado polo selo PRENOM na primavera deste ano.

“A miña idea de xardín interior é un espazo metafórico. Penso no coidado e o respecto que a miña nai pon no seu xardín ou na horta, eses lugares nos que traballa pero aos que vai tamén cando necesita relaxarse. Invirte tempo e cariño na labor minuciosa do vexetal, pero ao mesmo tempo alí cultiva e canaliza as súas emocións. Gústame imaxinar á miña nai florecendo por dentro e ao abrigo daquelo que nace dentro dela. De todos os coñecementos transmitidos, como a importancia da observación propia e sensible do que vemos e o que pasa. Sen catalogacións, sen orde, salvaxe. Estas cancións son unha foto do noso xardín agora, con todo abríndose paso á vez: as dúbidas, as expectativas, Internet, as rutinas, a busca, as noticias da semana, as ganas e a insatisfacción, o real e o imaxinario”.

https://www.facebook.com/esposaoficial/
esposa.bandcamp.com

 

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *