Os Diplomáticos de Monte Alto

“Hai 25 anos dicían que o galego non valía para o rock&roll, que na
Coruña ninguén falaba galego e que a Cultura emerxía no eido universitario-
intelectual. Entón, apareceron uns rapaces de Monte Alto para contradicir estes
axiomas e romper cos tópicos que separaban o rural do urbano e o galego do
futuro.
Logo dun cuarto de século, aquí seguen Os Diplomáticos de Monte Alto bourando
co seu Rock Bravú: un son proprio e único marcado polo uso do acordeón como
instrumento principal e mesturado con ska, punk, corridos e rancheras e
o arrecendo das festas populares galegas.
Guni, Mangüi, Pulpiño Viascón, Xurxo Souto e Rómulo Sanjurjo”

https://www.facebook.com/osdiplomaticos/


Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *