Teatro

Língua de Contrabando

_
Limiar Teatro // Sábado 2, 18.00h

“A lingua de contrabando é unha comedia, un divertimento teatral e musical co que xogar coa nosa lingua e coa nosa historia. A través do paralelismo entre o contrabando da fronteira entre Galicia e Portugal e o contrabando cultural de ideas, solucións, historias, libros e palabras que pasan de man en man e de boca en boca alén da Galiza oficial “A lingua de contrabando” dialoga co noso presente lingüístico e cultural de xeito áxil e sen prexuizos. O contrabando naceu como unha necesidade de supervivencia, como un xeito de alimentar a un país esmorecente e pode que a supervivencia do galego pase polo contrabando, por todas aqueles e aquelas contrabandistas culturais que o manteñen vivo.” — Limiar Teatro

Este ano o Festival da Poesia está adicado ao rio Minho, a história que por el transcorre, as vidas que o atravessarom, o café, o tabaco, o sabom, a memória que fica no fundo e os peixes que a removem com as suas colas.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *